YouTube comeza a engadir subtítulos automáticos a todos os seus vídeo en inglés
xoves 4 de marzo do 2010, por |

- Transcrición automática dunha presentación en vídeo de Major Nelson na que podemos apreciar bastantes erros en palabras coma console ou Xbox.
Dende Google
levan tempo proban os seus sistemas de recoñecemento de voz aplicados a
YouTube, e finalmente decidiron
abrilos ao público en xeral, de xeito que os usuarios que conten con
vídeos en inglés poden solicitar a creación automática de subtítulos para os
mesmos, incrementando así a súa accesibilidade (o que agradecerán os usuarios
con problemas auditivos) e a súa internacionalización (posto que aos subtítulos
tamén pode aplicarse a tradución automática).
Esta nova funcionalidade de YouTube fai moi sinxela o traballoso proceso de
subtitular vídeos, e os responsables dos vídeos poden tamén descargar os
subtítulos xerados automaticamente para optimizalos e resubilos aos servidores
de Google, mellorando así a precisión destes textos.
Aínda que inicialmente só aparecen automaticamente as transcricións dos vídeos
que o soliciten expresamente, pretenden que esta funcionalidade chegue a todos
os vídeos dispoñibles nos que o proceso sexa posible (principalmente en clips
con xente falando, polo que contidos
coma os vídeos musicais serían imposibles de tratar con esta tecnoloxía).
Nos vindeiros meses irán ampliando o número de linguas recoñecidas por YouTube
para a creación de subtítulos automáticos.

- Os subtítulos automáticos poden combinarse coa tradución automática a ducias de linguas entre as que está o galego
Rúa Conxo de Arriba 49- 1 C
15706 Santiago de Compostela
Teléfono-fax:981 53 02 68
redaccion@codigocero.com

















