Factura electrónica

Deputación de Pontevedra

O noso boletín por e-mail conta xa con 3033 lectores. ¡Subscríbete!
Código Cero

Diario de Novas Tecnolóxicas de Galicia

YouTube comeza a engadir subtítulos automáticos aos seus vídeos

xoves 19 de novembro do 2009, por Marcus Fernández | | Compartir | |

Hai tempo que os vídeos de YouTube incorporan o soporte de subtítulos, o que supón unha importante mellora na accesibilidade dos seus contidos, de xeito que os usuarios con problemas auditivos poden gozar de numerosos vídeos, aínda que tamén resulta moi atractivo para usuarios de todo o mundo, por permitir a tradución automática dos subtítulos que, pese a non ser perfecta, é bastante mellor a non ter nada, de xeito que pode achegar unha idea dun discurso en inglés pese a non estar versado na lingua de Shakespeare.
Pero polo momento poucos son os contidos en YouTube que gozan de subtítulos, e agás unhas poucas series de animación xaponesa e os discursos oficiais de persoeiros coma o presidente dos EE.UU., os subtítulos non son algo tan frecuente coma sería desexable, o que vai cambiar grazas a que comezan a aplicar ao sistema un sistema de recoñecemento de voz que crea os subtítulos de xeito automatizado, o que nun principio só afectará a vídeos en inglés dunha serie de canles seleccionadas, pero que pouco a pouco irase espallando ao resto de vídeos en inglés dispoñibles en YouTube (para ver esta tecnoloxía aplicada a outras linguas aínda haberá que agardar bastante).
Estes subtítulos automáticos tamén facilitan a busca de contidos, de xeito que nos resultados de busca poderemos localizar momentos concretos dun discurso no que coméntase o que nos interesa, o que suporá unha interesante mellora nas buscas de vídeos.


Vídeo de explicación da tecnoloxía de recoñecemento de voz aplicada á creación automática de subtítulos
 

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.
Rúa Conxo de Arriba 49- 1 C
15706 Santiago de Compostela
Teléfono-fax:981 53 02 68
redaccion@codigocero.com

 RSS