YouTorrent, o novo metabuscador de ficheiros .torrent

martes, 8 de xaneiro do 2008 Marcus Fernández

Os usuarios da rede de intercambio de ficheiros BitTorrent teñen agora máis doado atopar arquivos para a súa descargar grazas a YouTorrent, un metabuscador de ficheiros .torrent que están indexados en distintos buscadores coma Mininova, The Pirate Bay, isoHunt, Vuze ou BTjunkie, ordenando os resultados polo número de fontes completas que se atopan dos mesmos, de xeito aparecen antes os que van a descargarse a maior velocidade.
Este metabuscador non inclúe moitas fontes (12) pero son de grande calidade, e acode ás mesmas para a descarga dos ficheiros, de xeito que non as vampiriza, de aí que resulta beneficioso tanto para os usuarios coma para os outros buscadores, converténdose nun simplificador das buscas, que durante os últimos días foi mellorando en rendemento e eliminando algúns fallos do sistema, polo que cada día promete converterse nunha interesante plataforma de busca que sorprende por unha aparencia agradable e a falta de publicidade.

PUBLICIDADE