Yahoo! achegará en EE.UU. vídeos con novas locais da CBS

martes, 17 de outubro do 2006 Marcus Fernández

Yahoo! chegou a un acordo coa canle televisiva CBS para difundir vídeos coas novas locais elaboradas pola rede de 16 televisións compartindo os beneficios acadados pola publicidade no espazo no que se publiquen estes clips.
Dende Yahoo News agardan publicar entre 10 e 20 vídeos ó día, que se poderán atopar por parte dos visitantes empregando os seus códigos postais (de xeito que se lles amosan as informacións máis próximas xeograficamente).
Temos así como se van abrindo novos xeitos de explotar o vídeo na Internet, comezando a centrarse na información local (aínda pouco aproveitada na Rede) que nun principio agradecerán usuario de cidades norteamericanas coo San Francisco, Los Ángeles, Chicago, New York ou Miami.

PUBLICIDADE