Xulgan a unha compañía viguesa por vender móbiles falsos

martes, 14 de marzo do 2017 Marcus Fernández

Hoxe comparecen na sala do penal nº 2 de Vigo dous implicados nun caso sen precedentes na cidade olívica, no que Apple e Samsung acusan a un maiorista de electrónica local e a súa empregada de comercializar copias chinesas dos seus teléfonos, de xeito que teñen que enfrontarse a unha petición de 18 meses de cadea por piratería industrial á vez que terían que pagar indemnizacións ás compañías afectadas aos que supostamente provocaron prexuízos económicos.
A compañía, coñecida como Marco Polo Company, e con moi mala sona en foros especializados en móbiles chineses, tería vendido 80 smartphones que imitaban o deseño do iPhone e 34 do móbiles de Samsung, a prezos moi inferiores aos dos produtos orixinais, de aí que as compañías denunciantes soliciten indemnizacións de 40.000 e 11.926 euros respectivamente, aos que habería que sumar 5.400 euros que solicita a Fiscalía como sanción.

PUBLICIDADE