Xornada de Innovación para Pemes en Santiago

luns, 10 de decembro do 2007 Raquel Noya

A firma de servizos a empresas Recursos vén de anunciar a celebración dunha Xornada de Innovación para Pequenas e Medianas Empresas os vindeiros 12 e 13 de decembro no Centro Empresarial do Tambre en Santiago de Compostela.
O acto ten como obxectivo a análise de xeito práctico da implantación de medidas innovadoras para as Pemes como factor imprescindible á hora de acadar mellor desenvolvemento e rentabilidade nas empresas así como as fontes de financiación dispoñibles na actualidade.
O relatorio da xornada do mércores 12 de decembro, Creación de Proxectos de Innovación nas Pemes, servirá para presentar os puntos clave para a creación e posta en marcha dun proxecto de innovación nunha pequena e mediana empresa, mentres que o xoves 13 de decembro, analizarase o factor “Business angels” como punto clave para financiar proxectos innovadores.
Ó final de cada relatorio os asistentes poderán participar nun coloquio que se abrirá en cada unha das xornadas.

PUBLICIDADE