Xiaomi deixará de usar a marca Mi nos seus móbiles

martes, 24 de agosto do 2021 Marcus Fernández

Durante os últimos anos Xiaomi ofreceu os seus produtos ao público baixo varias marcas como Redmi, Poco e Mi, sendo esta última a que consideraban como a marca central da compañía, o que finalmente mudará no terceiro trimestre do ano, cando a familia de produtos Mi transformarase na familia Xiaomi, co que a compañía busca unificar a súa marca a nivel global e facilitar así a súa presenza no mercado.
Deste xeito, a grande marca que veremos a partir de outubro será Xiaomi, cun logotipo renovado, que xa está presente nalgún móbil presentado nos últimos días, mentres que a marca Redmi será a empregada para os móbiles máis económicos, ou sexa, que non unificarán totalmente as marcas, pero si as simplifican un chisco, aínda que seguirán a contar cun catálogo extraordinariamente amplo.

PUBLICIDADE