Xiaomi consegue saír dunha listaxe negra nos EE.UU.

martes, 16 de marzo do 2021 Marcus Fernández

A primeiros de ano, nos últimos días da presidencia de Donald J. Trump, sorprendeu o feito de que Xiaomi fose introducida na listaxe de empresas militares da China Comunista que operan directa ou indirectamente nos EE.UU., o que forzaría ás empresas estadounidenses a desfacerse das súas participacións na empresa, o que levou a que a compañía chinesa rexeitase abertamente a acusación das autoridades norteamericanas, insistindo no feito de que cumpren coa lexislación das xurisdicións nas que operan e ofrecen os seus servizos ao público civil, negando ningunha relación coas forzas militares chinesas.
Ante esta situación Xiaomi levou o asunto aos tribunais, e finalmente conseguiu unha sentenza favorable a retirar o seu nome da listaxe negra de empresas militares da China Comunista ao considerar o tribunal que a incorporación de Xiaomi a tal relación de compañías foi totalmente arbitraria e caprichosa. Polo momento, a retirada de Xiaomi da listaxe é preliminar, pero a compañía chinesa continúa a traballar para conseguir que esta retirada sexa permanente.

PUBLICIDADE