PuntoGal

O noso boletín por e-mail conta xa con 2.886 lectores. ¡Subscríbete!
Código Cero

Diario de Novas Tecnolóxicas de Galicia

Xerais edita os seus 2 primeiros e-books

martes 10 de novembro do 2009, por Marcus Fernández | | Compartir en Tuenti | Compartir |

Levamos varias semanas avisando de que as editoras galega están a prepararse para a revolución dixital que está a vivir o sector do libro, e Xerais escribe un novo capítulo desta historia co lanzamento de dúas das súas novidades tanto en papel como en formato electrónico.
Os primeiros títulos en editarse en formato e-book de Xerais son Sete palabras de Suso de Toro e Dime algo sucio de Diego Ameixeiras, ambos da colección Narrativa que esta semana chegan ás librarías e que xa poden adquirirse coma descarga no espazo de xerais en Todoebook.
A ausencia de soporte das edicións electrónicas tradúcese tamén no seu prezo, e así, mentres en papel Sete palabras está á venda por 19 euros, coma descarga en formato PDF (nos vindeiros días tamén estará dispoñible en EPUB) custa 13,30 euros, mentre suqe Dime algo sucio custa 15,80 e 11 euros respectivamente, ou sexa, que o e-book suporía un aforro do 30%.
Grazas a un acordo con Publidisa, as obras en formato dixital tamén estarán presentes nas tendas de e-books de El Corte Inglés, La Casa del Libro e a Librería Ghandi, entre outras.
Dende Xerais tamén apuntan que nos vindeiros meses irán ampliando o seu catálogo de e-books, con títulos das coleccións Narrativa, Poesía e Ensaio, incorporando tanto novidades coma material descatalogado.

 

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.
Rúa Conxo de Arriba 49- 1 C
15706 Santiago de Compostela
Teléfono-fax:981 53 02 68

 RSS