Xbox LIVE será de balde esta fin de semana

venres, 27 de novembro do 2009 Marcus Fernández

Esta fin de semana os usuarios da Xbox 360 que non paguen polo acceso a Xbox LIVE poderán acceder de balde ao servizo coma se fosen usuarios Gold, de xeito que poderán probar a experiencia de xogo en liña con millóns de usuarios de todo o mundo, de xeito que poderán tirar proveito ao 100% de títulos coma Mondern Warfare 2, Borderlands ou Left 4 Dead 2, que teñen na experiencia en liña a meirande parte das súas virtudes.
Aparte do xogo en liña de balde, e para converter esta promoción en toda unha festa chamada Xtival Winter 2009, Xbox LIVE ofrecerá aos seus usuarios un vídeo exclusivo da xira de Tiësto polos EE.UU. e varias entrevistas ao coñecido DJ, escenas do vindeiro DVD de Metallica ou concertos completos de Run DMC ou ZZ Top. Tamén estrearase en primicia un trailer de 4 minutos da película Avatar.

PUBLICIDADE