Xa se pode ver calquera vídeo de YouTube dende teléfonos intelixentes

luns, 20 de agosto do 2007 Marcus Fernández

O TCPMP reproducindo un popular videoblog

Os teléfonos intelixentes co sistema operativo Windows Mobile non teñen nada que envexar ó iPhone de Apple no tocante á reprodución de vídeos de YouTube grazas ó reprodutor multimedia The Core Pocket (TCPMP) que está dispoñible para Pocket PC, smartphone e Palm OS, e que permite lanzar vídeos de YouTube, Google Video e Veoh.
Os usuarios que teñan instalado o TCPMP só deberán explorar as webs de vídeos coa versión portátil de Internet Explorer e, cando intenten reproducir un vídeo, o reprodutor abrirase automaticamente, permitindo ver vídeos coa tecnoloxía de streaming de Flash, o que resulta todo un avance para os usuarios de móbiles baseados Windows, xa que lles abre unha porta ó lecer na Rede que ata o momento estaba só dispoñible para usuarios de equipos máis potentes.

PUBLICIDADE