Xa podemos votar no Portal das Palabras pola palabra galega de 2018
mércores, 19 de decembro do 2018
A
Real Academia
Galega e a Fundación Barrié veñen de facer públicos os seis
termos galegos finalistas que aspiran a converterse na Palabra do Ano
en 2018 coa participación dos internautas (a través, como de
costume, dos seus votos en Internet). A escolma de media ducia de
palabras, que serían as máis populares do ano que remata na nosa
lingua, está integrada por “deseucaliptización”,
“apoderamento”, “fariña”, “fascismo”, “feminismo” e
“sororidade”.
Como
dixemos, será a comunidade internauta a que elixa finalmente a
Palabra do Ano. O prazo para as votacións ficará aberto até o 25
de decembro.
As
devanditas voces foron escollidas logo da fase de suxestións que
rematou o pasado domingo, “cunha notábel participación”. A
Palabra do Ano 2018 darase a coñecer o vindeiro 27 de decembro.
Na
primeira fase da campaña, recibíronse máis de 7.000 achegas que se
traduciron en 962 termos diferentes, unhas cifras que, en palabras da
RAG, reflicten a consolidación desta iniciativa que o Portal das
Palabras puxo en marcha en 2014.
Segundo
engade a entidade cultural galega, “calquera das voces finalistas
cumpren requisitos claros para se converter na elixida polo público:
ser das máis repetidas na recollida de propostas, referirse a
realidades ou fenómenos que están a marcar dalgún xeito a
actualidade, irromper con forza na linguaxe cotiá ou mesmo cobrar
visibilidade como marca de iniciativas cívicas”.
O
Portal das Palabras convida aos internautas, desde 2014, a participar
na escolla da Palabra do Ano. Nas edicións anteriores foron
escollidas “afouteza” (2017), “irmandade” (2016) -coincidindo
co centenario das Irmandades da Fala-, “refuxiado/a” (2015) e
“corrupción” (2014).
A
elección dos termos deste ano que está a piques de rematar está a
ser saudada por entidades como a Asociación Verdegaia, responsábel
das Brigadas
deseucaliptizadoras que popularizaron o termo
“deseucaliptización”, que designa a loita colectiva contra a
proliferación da especie invasora