Xa podemos ver os timelapses de Google Earth en dispositivos móbiles

xoves, 25 de abril do 2019 Marcus Fernández

A evolución de Las Vegas vista a través de Google Earth

Unha das ferramentas máis interesantes que ten Google Earth é a realización de timelapses, ou sexa, que permitir un percorrido en imaxes no tempo, de xeito que podemos achegarnos a unha rexión do planeta e coñecer como foi a súa evolución nos últimos 35 anos.
Dende Google anuncian hoxe que o Google Earth Timelapse está a recibir numerosas novidades, entre as que destacan 2 anos adicionais de imaxes aéreas, de xeito que xa podemos explorar o mundo dende o ceo entre os anos 1984 e 2018, e poder ver a evolución a xeito de animación para así poder contemplar o crecemento urbanístico dunha grande área metropolitana, a deforestación progresiva dun territorio ou a construción dunha grande infraestrutura, o que agora podemos facer incluso dende dispositivos móbiles.
O motor de Google Earth combina máis de 15 millóns de imaxes de satélite para conseguir recrear 35 imaxes do planeta sen nubes para así poder realizar os timelapses, chegando estas imaxes de programas espaciais europeos e estadounidenses.

PUBLICIDADE