Xa hai preto de 24.000 dominios .cat

mércores, 29 de agosto do 2007

A Fundación Punt Cat anunciou que xa acadaron a moi respectable cantidade de 23.619 rexistros no dominio de Internet .cat un ano e medio despois da súa aprobación por ICANN do primeiro dominio de primeiro nivel con carácter cultural (está destinado a contidos relativos á lingua e cultura catalás).
Un dos detalles que fai destacables os rexistros deste novo dominio é que corresponden na súa meirande parte a páxinas web activas e escritas en catalán, mentres que noutros dominios de primeiro nivel existen moitas páxinas inactivas (tanto por carácter especulativo como para a protección de marcas).

PUBLICIDADE