Xa hai colas para facerse co novo iPhone 3G

luns, 7 de xullo do 2008 Marcus Fernández

Na tenda de Apple na Quinta Avenida neoiorquina xa hai xente facendo cola para adquirir un iPhone 3G

Este venres chegará a España e a moitos outros mercados mundiais o iPhone, e para facerse cun dos novos móbiles xa hai xente facendo cola na tenda de Apple na Quinta Avenida neoiorquina, o que parece que non só pretende servir aos asistentes para asegurar que se farán un dos novos iPhone antes que ninguén, senón tamén para dar lugar a un novo record Guinness (a cola máis longa no tempo para mercar cun produto).
A cola comezou a formarse o pasado venres, e non falta que pensa que este tipo de iniciativas están orquestradas dende Apple ou AT&T para dar a entender que hai unha grande expectación polo novo iPhone, pois hai que admitir que unha semana de cola para facerse cun dispositivo é moi esaxerado (especialmente no período estival, onde a xente atopa cousas moito máis produtivas paga ocupar o tempo de lecer).

A visita guiada polo iPhone 3G permite coñecer os detalles do móbil de Apple en apenas 10 minutos

Non parece que estas colas se vaian a replicar no resto do mundo ou, cando menos, non ata o día antes do lanzamento do iPhone, especialmente porque aínda non se coñecen as condicións para a adquisición do terminal (que irá asociado a un contrato cunha operadoras telefonía móbil que no caso español se trata de Movistar). De feito, para permitir que os usuarios máis impacientes por facerse cun iPhone 3G o vindeiro venres Telefónica anunciou que o xoves ás 13:00 horas celebrará unha rolda de prensa na que presentará a oferta comercial para o novo móbil.
Os rumores apuntan a que para facerse co iPhone 3G será preciso contratar plans de datos de 15 ou 25 euros así como plans de voz que irán entre os 9 e os 90 euros, polo que os prezos do terminal non serían moi relevantes (e poderían ser de 99 euros no modelo de 8 Gb e 199 euros no modelo de 16 Gb cos contratos máis económicos, reducíndose estas cantidades segundo o plan mensual seleccionado).
Para que os usuarios queiran ter máis detalles das funcións do novo móbil, e saiban tamén cómo utilizalo, dende Apple xa publicaron na súa web unha visita guiada en español polas principais funcións do terminal, de xeito que con ver eses 10 minutos de vídeo os usuarios xa poden coñecer bastante ben cómo tirar proveito do móbil de Apple.

PUBLICIDADE