Xa están en Internet as Xornadas de Software libre do Porriño

venres, 5 de xaneiro do 2007

As Xornadas Galego-lusófonas de Software Libre que tiveron lugar no Porriño dende o 30 de novembro ó 3 de decembro xa se poden ver na Rede.
Nos coloquios, organizados pola Asociación de Usuarios de GNIX (AGNIX) e o Concello porriñés, participaron expertos dos diferentes eidos do software libre de Galicia, Brasil e Portugal.
Agora que están na Internet póñense á disposición de calquera usuario mais, iso si, non se poden descargar directamente, senón que para velos é preciso empregar un reprodutor que admita arquivos en Quicktime. Dende mancomun.org recomendan empregar o VLC.

PUBLICIDADE