Xa está lista a versión para iPhone de Spotify
luns, 27 de xullo do 2009
A xente de Spotify
leva un tempo traballando nunha versión do seu servizo de streaming musical para
o iPhone e o iPod Touch, e finalmente completaron a aplicación, remitÃndolla xa
a Apple para a súa validación de cara a incorporala na App Store, o que poderá
acontecer nos vindeiros dÃas.
Para ir abrindo boca, dende
o blog da compañÃa publican un vÃdeo no que podemos ver que a versión de
Spotify para o iPhone permite a sincronización offline de listaxes de reprodución creadas no escritorio para poder
escoitar as nosas cancións favoritas cando non teñamos conexións á Rede, tira
proveito das notificacións push para
poder reflectir os cambios nas nosas listaxes ao momento e conta con opción de
busca no catálogo de Spotify.
De todos os xeitos, hai que lembrar que a versión móbil de Spotify está
restrinxida aos usuarios de pago, que por 9,99 euros/mes non só poden librarse
de escoitar publicidade, senón que tamén poderán gozar das versións móbiles do
servizo (que tamén pode
achegarse a terminais con Android).
Demostración das funcionalidades de Spotify para o iPhone