Xa está en marcha o Talentia Summit 2022
venres, 11 de novembro do 2022
A maior feira virtual de talento e emprego, Talentia Summit 2022, abre desde
hoxe o prazo para reservar unha das 15.000 prazas dispoñibles na ampla oferta
de actividades. A feira virtual estará aberta desde o 14 até o 18 de novembro,
con une elevado número de empresas activas, e miles de prazas gratuÃtas en
formación online dispoñibles a golpe de clic. Unha aposta por potenciar o
talento local que foi presentada
este xoves polo alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, acompañado polo
responsable do Departamento de Emprego, Javier Ferreiro.
Tras o éxito da edición de 2021, que congregou a máis de
50.000 participantes, Talentia Summit regresa cun formato hÃbrido que combinará
a feira virtual entre o 14 e o 18 de novembro e un foro presencial que terá
lugar o 24 deste mes na Cidade da Cultura.
Talentia reúne a miles de persoas para desenvolver as súas
habilidades, formar e certificar as súas competencias mediante un amplo
catálogo de actividades gratuÃtas. E sobre todo, permite conectar de forma áxil
e sinxela cunha gran rede de empresas e organizacións que buscan atraer
talento.
O obxectivo é propiciar a creación de contornas innovadoras
que potencien e poñan en valor o talento, impulsando asà o emprego de calidade
co fin de fortalecer o benestar e o desenvolvemento económico da nosa
comunidade.
Programación
O evento pon á disposición de todas as persoas interesadas,
as máis de 15.000 prazas en diferentes actividades ofertadas: sesión de
formación online en aula virtual en directo, sesión de formación online por
libre, certificacións oficiais en habilidades dixitais e idiomas, sesións con
mentores ou webinars.
Durante a celebración do evento, todos aqueles que o desexen
tamén poderá inscribirse nas entrevistas online coas empresas para optar a algunha
das máis das 450 vacantes ofertadas.
Foro Talentia
No marco do evento, o 24 de novembro terá lugar en formato
presencial o Foro Talentia no Edificio Fontán da Cidade da Cultura de Galicia.
Trátase dun dun espazo para a reflexión que, como cada ano, contará coa
participación de importantes empresarios e destacados profesionais
especializados en diversas disciplinas como ciencia, tecnoloxÃa, enxeñarÃa,
matemáticas, educación, márketing, recursos humanos e economÃa.
Tampouco faltarán as artes escénicas e o talento
artÃstico para dar unha nota de cor, e do mesmo xeito que en pasadas edicións,
tamén será difundido en tempo real mediante streaming.