Xa está dispoñible a versión 3.6 de WordPress en galego
venres, 2 de agosto do 2013
O popular xestor de contidos WordPress vén de estrear a súa
versión 3.6, que xa está
dispoñible en galego, e que supón unha interesante actualización para esta potente
plataforma, que entre as súas novidades incorpora un novo tema predeterminado (Twenty Thirteen, que pon o foto no contido
cun deseño colorido e dunha única columna), autogardado e bloqueo de entradas
(cada 15 segundos garda as entradas que esteamos a redactar para non perder
nada, frecuencia que reducirase ata os 2 minutos se detecta pouca actividade no
ordenador), un reprodutor multimedia HTML integrado para poder incrustar audio
e vÃdeo sen depender de servizos externos e un menú de edición máis doado de
entender e usar. Tamén mellora a integración con Spotify, Rdio e SoundCloud.
A nova versión de WordPress tamén mellor os formatos de entrada, as revisións,
o modo sen distraccións a pantalla completa e o fluxo editorial. É posible descargar WordPress 3.6 dende a súa páxina web,
aÃnda que os usuarios que conten cunha versión anterior de WordPress poderán
aplicar a actualización directamente dende o seu panel de control.
- Twenty Thirteen é o novo tema predeterminado de WordPress