Xa está dispoñible a actualización a iOS 6.1 para dispositivos móbiles de Apple

luns, 28 de xaneiro do 2013 Marcus Fernández

Apple actualizou hoxe o seu sistema operativo móbil, iOS, que engade a conectividade LTE a 36 operadores móbiles que vende o iPhone e 23 que vende o iPad en todo o mundo, de xeito que os usuarios de iPhone 5, iPad mini e iPad con pantalla Retina que conten con banda larga móbil poderán experimentar un mellor rendemento do seu acceso móbil á Internet. A nova actualización tamén facilita que os usuarios de iTunes Match poidan descarga cancións de iCloud de xeito independente e engade un novo botón para restablecer o identificador de publicidade.
Actualmente hai preto de 300 millóns dispositivos no mundo (entre iPhone, iPad e iPod Touch) con iOS 6 a nivel mundial, converténdose na versión máis popular da historia do sistema operativo de Apple, e que no noso territorio destacou especialmente por incorporar o soporte de español no sistema de recoñecemento de voz Siri, aínda que non todo foi positivo, pois a inicial desaparición das aplicacións de YouTube e Google Maps (actualmente dispoñibles a través da App Store) causou certa frustración entre os usuarios.

PUBLICIDADE