WordPress renova de xeito importante a súa aplicación para Android

luns, 19 de decembro do 2011 Marcus Fernández

A aplicación para dispositivos Android do sistema de publicación de blogs WordPress chega á súa versión 2.0, no que supón unha importante renovación, facendo que a experiencia de bloguear en mobilidade sexa mellor que nunca, grazas a unha nova interface de uso (na que aparecen as funcións principais xuntas nun único lugar e pode saltarse entre distintos blogs a través dunha barra superior), un novo editor de entradas e incluso soporte para tablets (pensando especialmente en novos dispositivos con pantallas de 7 polgadas coma o Kindle Fire, de aí que esta aplicación vaia estar dispoñible en breve a través da Amazon Appstore).
A aplicación tamén mellor o seus sistema de estatísticas, permite a subida de entradas en segundo plano, na listaxe de entradas inclúese o seu estado e moitos outras cambios no que supón unha mellora que vai ser especialmente benvida polos administradores de blogs que queiran traballar nalgún momento afastados do ordenador. A aplicación soporta tanto as bitácoras hospedadas baixo WordPress.com como en servidores independentes.

A nova aplicación de WordPress está adaptada para tablets


Vídeo de presentación da nova versión da aplicación de WordPress para Android

PUBLICIDADE