Windows prepárase para un novo asalto no mundo do automóbil

luns, 7 de abril do 2014 Marcus Fernández

Microsoft ten moita experiencia subministrando a tecnoloxía base a numerosos sistemas de navegación GPS para o automóbil, pero non vai limitarse a achegar só un sistema operativo para este tipo de accesorios, senón que quere levar esta tecnoloxía máis adiante, e na pasada edición do encontro para desenvolvedores Build adiantaron o que buscan coa integración do seu sistema operativo móbil en vehículos, de xeito que temos como a interface moderna que podemos ver en móbiles e escritorios informáticos adaptaríase agora ao cadro de mandos do coche, ofrecendo unha interface de uso axeitada para este contorno.

A interface coa que estamos familiarizados nos sistemas con Windows podería trasladarse nuns meses aos vehículos

O prototipo actual desta tecnoloxía emprega o estándar de conectividade Mirrorlink (que xa empregan tanto vellos móbiles Nokia con Symbian como os smartphones Sony XPERIA Z, e no futuro podería incrementar a súa aceptación para poder converterse nun grande competidor do CarPlay de Apple (que inicialmente só está dispoñible en vehículos de alta gama). Esta solución estendería as funcionalidades de Windows Phone a unha pantalla integrada no vehículo, facilitando non só a realización de chamadas, a reprodución musical, a navegación GPS e o control do aire acondicionado, senón que soportaría o uso de aplicación, o que podería dar moito xogo no futuro.

PUBLICIDADE