Windows 8 contará cun logotipo minimalista

venres, 17 de febreiro do 2012 Marcus Fernández

A interface gráfica Metro, que actualmente están a empregar Windows Phone 7.5 e o Dashboard da consola Xbox 360, será a empregada polo futuro Windows 8, e dende a compañía de Redmond decidiron que iso tamén afectase ao logotipo do novo sistema operativo, o que supón un importante redeseño no que óptase pola simplificación do logo.
Un dos detalles máis significativos da imaxe do logotipo de Windows 8 é que a o grafismo que acompaña ao texto co nome do sistema operativo deixarán de ter forma de bandeira , pasando da tradicional ondulación a unha vista en perspectiva na que resulta máis claro que estamos ante unha fiestra e, para manter coherencia coa interface Metro, desbótase o uso de varias cores, polo que diremos adeus ao vermello, o verde, o azul e o amarelo que acompañaron a Windows dende a versión 3.0 de 1990.

Algúns dos anteriores logotipos de Windows (concretamente os correspondentes ás versión 1.0, 3.0, XP e Vista)

PUBLICIDADE