Windows 8.1 Enterprise estrea versión preliminar
mércores, 31 de xullo do 2013
Hai un mes publicouse a versión
preliminar de Windows 8.1 para que impacientes e desenvolvedores puidesen
ir botando unha ollada ao que será a vindeira actualización de Windows 8, que
poderá descargarse de balde e que, entre outros cambios, destaca por recuperar
o botón de inicio, permitir iniciar o sistema directamente no escritorio e
facilitar a posibilidade de unificar o fondo do escritorio co do menú de
inicio. Como este tipo de actualizacións importantes do sistema operativo
precisan de moitas probas e revisións, Microsoft publica agora tamén unha versión
preliminar de Windows 8.1 Enterprise, para que nos contornos corporativos
tamén poidan poñelo a proba, comprobando asà o funcionamento das ferramentas
que non están dispoñibles na versión doméstica do sistema operativo.
Entre as ferramentas que achega a versión corporativa de Windows 8.1 estarÃa o
creador de Windows To Go (que facilita a creación dun escritorio corporativo
administrable a través dun dispositivo USB), control da páxina de inicio (para
administrar as aplicacións e personalizar os ordenadores da empresa),
DirectAccess (para acceder aos recursos dentro dunha rede corporativa sen
precisar dunha VPN), BranchCache (que almacena temporalmente contido de servidores
centrais de xeito local), Virtual Desktop Infraestructure (melloras no soporte
de virtualización), AppLocker (limita os arquivos e aplicacións aos que os
usuarios poden acceder), numerosos avances para facilitar o uso dos ordenadores
dos traballadores no contorno corporativo, permitir que o ordenador ou o tablet
poida converterse de xeito doado nun punto de acceso Wi-Fi, mellorar o soporte
de dispositivos de identificación biométrica e moitos outros cambios que poden
ser grandes incentivos para actualizar a Windows 8 (a versión 8.1 será unha
actualización de balde).