Windows 7 será algo máis barato que Windows Vista en Europa

venres, 26 de xuño do 2009

Microsoft anunciou cales serán os prezos de Windows 7 en Europa cando se lance o vindeiro 22 de outubro, de xeito que as edicións Home Premium, Professional e Ultimate custarán 199,99, 309 e 319 euros respectivamente, existindo tamén actualizacións dende Windows Vista a 119,99, 285 e 299 euros respectivamente, o que supón unha rebaixa de prezos, pero tememos que finalmente non vaiamos a ver en España ofertas de lanzamento coma en EE.UU.

PUBLICIDADE