Windows 7 podería contar cunha versión USB

venres, 26 de xuño do 2009 Marcus Fernández

En vista de que os ordenadores ultraportátiles de baixo custo non contan con unidade de DVD e boa parte dos seus modelos pese a vir con Windows XP preinstalado poderían funcionar perfectamente con Windows 7, de aí que Microsoft estea a estudar a idea de lanzar unha versión do seu novo sistema operativo en memorias USB para facilitar a súa instalación neste tipo de equipos.
De todos os xeitos, Microsoft venderá actualizacións a Windows 7 coma descarga, polo que non sería preciso que lanzasen unha versión en USB, aínda que hai que recoñecer que facilitaría enormemente a actualización e, especialmente, a creación de instalacións novas.

PUBLICIDADE