WinAmp e SHOUTcast poderían non dicir adeus

xoves, 2 de xaneiro do 2014 Marcus Fernández

Pese a que estaba prevista a desaparición da Rede do reprodutor multimedia WinAmp e dos seus servizos asociados (como SHOUTcast) o pasado 20 de decembro, finalmente parece que non será así, pois estes produtos e servizos que pertencían a AOL parece que foron adquiridos pola compañía belga Radionomy (e non por Microsoft, como chegou a rumorearse).
Radionomy conta actualmente cun catálogo unhas seis mil emisoras de radio en liña, mentres que SHOUTcast conta cun catálogo dunhas 50.000 emisoras, polo que a operación poderá fornecer a oferta da compañía europea, á vez que mantería vivo un proxecto que perdeu os seus folgos hai anos, e do que aínda queda por ver cal será o seu destino despois desta adquisición da que aínda non temos información oficial.

PUBLICIDADE