Wiiite, a doenza dos usuarios da Nintendo Wii

xoves, 7 de xuño do 2007 Marcus Fernández

O doutor Julio Bonis, de 29 anos de idade, pasou varias horas xogando coa súa Nintendo Wii, e espertou cunha dor no ombro que parecía unha lesión deportiva, descartando que se tratase da doenza coñecida coma cóbado de tenista, e etiquetando os síntomas coma Wiiite, e determinando coma tratamento o uso de ibuprofeno durante unha semana e a abstinencia completa de xogar coa Wii para acadar unha completa recuperación. O caso está documentado por unha carta que o Dr. Bonis remitiu a unha publicación médica de Nova Inglaterra.
As doenzas polo uso intensivo de videoxogos non é algo novo, posto que nos anos 90 se chegou a falar da nintendite coma unha dor nos dedos polgares tras xogar moito tempo cun controlador de xogo dunha consola, así como tamén se fala do sobre-desenvolvemento dos dedos polgares por mor da escritura de mensaxes curtas no móbil, que non parecen ser temas alarmantes como para darlle nome a unhas enfermidades cunhas incidencias meramente anecdóticas.

PUBLICIDADE