WiiSpray, o graffiti virtual

xoves, 30 de abril do 2009 Marcus Fernández

O mando da Wii queda camuflado coma un bote de <em>spray</em>Uns estudantes da Universidade Bauhaus (Weimar, Alemaña) están a traballar nun orixinal concepto inspirado no mando da Wii e que permitiría simular a realización de pintadas tipo graffiti sen luxar as paredes no que chaman WiiSpray.
Este orixinal idea consiste en meter o mando da Wii nun bote de spray adaptado, para que a experiencia de uso sexa o máis semellante posible á práctica, e así, empregando unha pantalla coma tapiz, pódese pintar unha parede virtual.
Os usuarios incluso poden cambiar a cor do spray, e esta solución está baseada nunha aplicación feita en Flash (lembremos que xa hai multitude de xogos Flash baseados no mando da Wii).
O WiiSpray foi desenvolvido dentro da tese dos estudantes Martin Lih e Frank Matuse, que pode consultarse íntegra na web, aínda que por desgraza só está escrita en alemán.

Este orixinal desenvolvemento permite un acabado bastante realista


Demostración do funcionamento do WiiSpray

PUBLICIDADE