Wifi Porter permite compartir a configuración da nosa Wi-Fi cun toque
martes, 22 de xaneiro do 2019
Ten One Design está a lanzar un produto moi interesante para
locais públicos, salas de xuntanzas ou fogares nos que é habitual ter
convidados, o Wifi Porter, un
pequeno dispositivo que facilita a configuración de redes Wi-Fi no noso
smartphone sen ter que introducir complexos contrasinais valéndose de NFC e, no
caso de non contar con tal tecnoloxÃa, cun código QR.
Este pequeno trebello pode colocarse ao alcance dos convidados e con só achegarlle
un instante o móbil, transmite o nome dunha rede Wi-Fi e o seu correspondente
contrasinal para que o usuario poida conectarse rapidamente en sen erros de
transcrición, sendo compatible cos móbiles con NFC, ou sexa, os teléfonos con
Android que soportan pagamentos contactless
(aproveitando a funcionalidade One-Tap Wifi presente dende Android 5.0) e os
últimos iPhone, mentres que se temos un iPhone anterior a 2018 podemos empregar
a cámara para escanear un código QR situado na parte traseira do Wifi Porter
que tamén facilitará o proceso de configuración da rede sen fÃos. En móbiles
Android sen NFC tamén será posible empregar un lector de códigos QR.
O Wifi Porter ten un acabado de madeira, para ter unha aparencia discreta, e para a súa configuración chega con
empregar unha aplicación para iOS ou Android na que introduciremos a rede
Wi-Fi e o contrasinal que queremos compartir cos nosos convidados.
Esta curiosa solución para compartir a nosa rede Wi-Fi pode adquirirse por 39,95
dólares, o que con gastos de envÃo sae nuns 44 euros, podendo solicitarse que
co produto se remitan tamén pequenas tarxetas de instrucións para colocar xunto
ao Wifi Porter para que as visitas saiban de que se trata.
- O Wifi Porter pode integrarse co contorno dun xeito elegante grazas ao seu acabado en madeira