WhatsApp restrinxe ao máximo o número de reenvíos simultáneos

martes, 7 de abril do 2020 Marcus Fernández

Para evitar a proliferación da desinformación a través de WhatsApp, a aplicación de mensaxería instantánea limitou os reenvíos simultáneos a 5 a finais de 2018, pero a actual situación provocada pola COVID-19 fai que que moitos millóns de usuarios confíen máis que nunca en WhatsApp para comunicarse no seu confinamento, e para coidar de que este espazo sexa máis seguro non se limitarán a destacar cando un contido sexa reenviado (para que quede claro que non o creou a persoa que nolo envía) senón que están a establecer que o límite de reenvíos simultáneos baixa a 1, restrinxindo así a distribución masiva de mensaxes.
Dende WhatsApp aseguran que cando puxeron o límite dos reenvíos en 5 conseguiron reducir o 25% o reenvío de mensaxes a nivel mundial, e agora non pretenden erradicar a función de reenvío, senón simplemente reducir a cantidade de mensaxes non orixinais, co que buscan tanto diminuír a proliferación de falsidades como evitar que moitos usuarios se vexan superados pola inxente cantidade de mensaxes que están a recibir dos seus contatos.

PUBLICIDADE