WhatsApp permitirá silenciar as chamadas de números descoñecidos
luns, 6 de marzo do 2023
WABetaInfo está a
dar conta dunha novidade que están a preparar para WhatsApp, longamente
agardada por moitos usuarios que padecen a súa ausencia, e que consiste nunha
opción que permite
silenciar as chamadas de números descoñecidos. Deste xeito, cando unha
persoa que non teñamos na listaxe de contactos do noso móbil nos chame por
WhatsApp, non se escoitará o son de chamada, aÃnda que si quedará a comunicación
rexistrada no histórico de chamadas e aparecerá no centro de notificacións.
Esta nova función busca reducir o nivel de interrupcións que podemos ter, asÃ
como evitar chamadas indesexadas, que en moitos casos corresponden a calotes ou
a publicidade non solicitada. De feito, resulta abraiante que non existise esta
función antes, pois claramente estamos ante un problema de seguridade, que
deixaba indefensos aos usuarios ante comunicacións por WhatsApp pese a que os
seus dispositivos xa contasen con medidas para protexerse contras as chamadas non
desexadas.