WhatsApp para Android estrea o bloqueo con pegada dixital

martes, 13 de agosto do 2019 Marcus Fernández

A partires da versión beta 2.19.221 de WhatsApp está comezando a activarse unha funcionalidade anunciada dende hai bastante (e que chega progresivamente aos usuarios da aplicación): o bloqueo de pegada dixital.
Para poder gozar desta prestación temos que ir a Ajustes -> Cuenta -> Privacidad e entrar no apartado de Bloqueo de huella dactilar, onde poderemos activar o desbloqueo con pegada dixital, así como o tempo que tardará a aplicación en bloquearse de novo. Tamén permite ocultar o contidos nas notificacións, por se non queremos que miradas alleas poidan saber o que recibimos no móbil sen o pertinente desbloqueo previo.
A protección da aplicación aplicarase a todo o WhatsApp agás ás chamadas, que poderán responderse sen desbloquear con pegada (para facilitar o proceso).

PUBLICIDADE