WhatsApp fai doado comprobar na web se recibimos información falsa

martes, 4 de agosto do 2020 Marcus Fernández

A divulgación de información falsa a través de plataformas como WhatsApp é unha preocupación crecente, e para mitigar o seu impacto na ferramenta de mensaxería instantánea propiedade de Facebook teñen aplicado medidas como advertir de contidos que fosen reenviados (para que os receptores fosen conscientes de que o autor e o remitente do contido non son a mesma persoa) e incluso restrinxir o número de reenvíos en contidos compartidos masivamente.
Para continuar nesta loita contra a desinformación están a probar en Brasil, EE.UU., Italia, Irlanda, México e Reino Unido unha nova funcionalidade que consiste en amosar unha icona dunha lupa en contidos reenviados, de xeito que ofrécese un xeito doado e áxil de realizar unha busca inversa na web, podendo así localizar rapidamente información relevante sobre a temática da mensaxe, para que sexa doado identificar falsidades. Esta consulta realízase directamente a través no da navegador web do usuario, ou sexa, que dende WhatsApp non ven o contido das mensaxes que consultemos.

PUBLICIDADE