WhatsApp estrea compatibilidade con CarPlay
luns, 29 de xaneiro do 2018
A aplicación de WhatsApp para iOS recibiu hoxe
unha actualización que entre as súas novidades incorpora
a compatibilidade de Carplay, de xeito que os usuarios de iPhone que teñan o
seu smartphone enlazado cun vehÃculo compatible poden xa ver no automóbil as
mensaxes que teñen sen ler, poden pedirlle a Siri que llos lea en voz alta e
incluso permiten empregar o asistente de voz para enviar novas mensaxes. Os
usuarios tamén recibirán notificacións de novas mensaxes co nome do remitente
pero, pola contra, non poderán navegar entre a listaxe de mensaxes.
Deste xeito WhatsApp convértese na primeira aplicación de mensaxerÃa de
terceiros en ser compatible con CarPlay, aÃnda que as súas funcionalidades estean
bastante limitadas. A aplicación xa era compatible dende hai tempo con Android
Auto, polo que agora os usuarios para iPhone non se verÃan discriminados á hora
de empregar a aplicación no seu automóbil.