Western Digital completa a compra de SanDisk

xoves, 12 de maio do 2016 Marcus Fernández

Esta semana as autoridades reguladoras deron o visto bo á compra de SanDisk por parte de Western Digital, o que permite que hoxe mesmo poida pecharse a operación de adquisición que xa fora aprobada polo accionistas de SanDisk o pasado mes de marzo. O prezo da operación é duns 19.000 millóns de dólares, nunha mestura de efectivo e accións.
SanDisk é un dos fabricantes de tarxetas de memoria (e outros produtos de almacenamento) máis populares a nivel mundial, mentres que Western Digital é unha compañía máis coñecida pola fabricación de discos duros, de xeito que temos liñas de negocio que converxen sen problema.
SanDisk manterá a súa dirección e a súa sede en Irvine (California). Tamén continuará a alianza entre SanDisk e Toshiba para deseñar memorias NAND (que estendeuse a tecnoloxías NVM e 3D NAND).

PUBLICIDADE