Wecoop: plataforma para impulsar o traballo colectivo a prol do noso audiovisual
luns 17 de outubro do 2011, por |
Non todo está inventado na metodoloxÃa para
darlle corpo aos proxectos audiovisuais que teñamos entre mans. Que non nos
peta seguir as canles tradicionais para xerar, producir, presentar, distribuÃr
e comercializar un produto? Pois nas redes hai un mundo por explotar. Asà o
entende o produtor e voceiro da Asociación Galega de Produtoras Independentes
(AGAPI), Pancho Casal, que vén de presentar no seu blog persoal un novo
proxecto de creación para tirar o máximo partido do seguinte feito: que nas
redes esteamos todas e todos, ou case todas/os. Máis polo miúdo, trátase do
proxecto Wecoop, plataforma de produción e comercialización
audiovisual baseada no crowdsourcing,
un concepto moi vixente hoxe no mundo en liña e que se refire, basicamente, o
fomento do traballo en mancomún onde todos somos unha parte fundamental da rede.
Segundo informa AGAPI dende a
súa web, a plataforma está cen por cen aberta e poden participar no seu
miolo tódolos integrantes da cadea de produción audiovisual galega, dende
produtores e profesionais independentes até nós mesmos, o público en xeral. Os
xeitos de participar serán do máis variados. Por poñer uns exemplos, os
produtores terán a oportunidade de xerar proxectos dende cero e buscar socios,
apoiar iniciativas doutros membros, dirixir e coordinar o desenvolvemento de
proxectos, captar talento ou actuar como provedores de servizos. Tamén poderán,
a través desta ferramenta, distribuÃr a nivel internacional obras propias.
Rúa Conxo de Arriba 49- 1 C
15706 Santiago de Compostela
Teléfono-fax:981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
















