Webphone recibe o premio ao Mellor Sistema de Relación co Cliente en OMExpo

venres, 30 de marzo do 2012 Marcus Fernández

David Bello posando xunto ao galardón recibido

A compañía coruñesa IP Global vén de comunicarnos que durante a pasada edición do certame OMExpo Madrid 2012, o meirande evento de marketing dixital en España, o seu produto Webphone recibiu o galardón ao Mellor Sistema de Relación co Cliente nun acto que tivo lugar na sala Ouimad no Palacio dos Deportes de Madrid, ante boa parte dos 199 expositores que este ano compartiron espazo no Pavillón 6 de IFEMA.
Pero este non é o único proxecto da compañía que encabeza David Bello Gacio que está a trunfar, senón que a súa páxina web Parabrisas.es tamén está a ter moi boa acollida, acumulando 13.000 visitas en só 2 meses.
Parabrisas.es é o primeiro buscador de talleres de cristalería do automóbil de España, que aspira a remitir ata 100 coches diarios aos talleres de lúas españois. O éxito deste proxecto levou á multinacional francesa Saint Gobain a interesar por esta iniciativa, polo que en breve poderiamos ver o salto internacionai de Parabrisas.es, que principiaría por Reino Unido e Francia.

PUBLICIDADE