WeFi: unha aplicación atopar redes Wi-Fi abertas (e amosarllas ó resto do mundo)

luns, 18 de xuño do 2007 Marcus Fernández

A proliferación de redes Wi-Fi abertas para ter acceso de balde á Rede fixo que Yossi Vardi, Arnon Kohavi e Shimon Scherzer fundaran WeFi, unha empresa sita en Mountain View cun centro de I+D en Tel Aviv e que publicou unha aplicación informática que reemplaza o administrador de conexións sen fíos de Windows e conecta cos hotspots libres que haxa no contorno do usuario.
Baseándose na información sobre a situación do usuario de WeFi, o sistema engade automaticamente as redes abertas existentes (independemente de si o usuario se conecta ou non ás mesmas) a un mapa de xeito que así é doado consultar se nun lugar podemos ter conexión á Rede de xeito gratuíto e, durante o período de probas deste sistema xa detectaron milleiros de redes Wi-Fi abertas.
Este novo servizo só permite o seu uso mediante invitación, pero este mércores se abrirá ó público, polo que é de agardar que nos vindeiros meses quede totalmente mapeada a cobertura Wi-Fi nos EE.UU., aínda que esta plataforma tamén podería acadar éxito no resto do mundo.

PUBLICIDADE