Wasap e wasapear son palabras correctas en español segundo a Fundación do Español Urxente

luns, 1 de xullo do 2013 Marcus Fernández

A Fundación do Español Urxente (Fundéu BBVA) asesorada pola Real Academia da Lingua Española publicou unha recomendación relativa á aplicación de mensaxería instantánea WhatsApp, na que comentan que o substantivo máis atinado para referirse á mesma en español sería wasap, mentres que o seu verbo derivado sería wasapear, para o que baséanse nos criterios da ortografía da lingua española.
Aínda que tamén poidan resultar admisibles adaptacións como guasap e guasapear, recomendan o uso do w para non perder a referencia á marca orixinal. Tamén recoñecen como correcto o uso do w para representar á secuencia gu en palabras estranxeiras adaptadas (como waterpolo e web).
Con estas recomendación entendemos que para falar das mensaxes enviadas a través de WhatsApp podemos escribir wasaps sen ter que aplicar cursiva ou aspas, por considerarse unha adaptación correcta ao español.

PUBLICIDADE