Wacom comercializa un pequeno lapis para dispositivos con pantallas capacitivas
mércores, 3 de abril do 2013
Cada vez estamos máis afeitos a empregar pantallas táctiles,
pero non sempre podemos traballar con precisión cos nosos propios dedos, de aÃ
que xurdiran no mercado distintas solucións que pretendÃan trasladar a
funcionalidade das stylus de
pantallas resistivas ás pantallas capacitivas, e nesta liña chega agora unha
solución moi intelixente de Wacom, o lapis Bamboo
Stylus mini, dispoñible en 6 cores, con alta capacidade de tacto e
sensibilidade e só 4,7 centÃmetros de tamaño, que permite o seu uso en
practicamente calquera tablet ou smartphone actual, cunha orixinal solución
para evitar a súa perda: pode engancharse ao noso dispositivo a través dunha
cinta que leva a un falso conector de auriculares.
Esta solución resulta especialmente atractiva para usuarios de iPad, que
incluso poden aproveitar a Bamboo Stylus mini para tomar anotacións e realizar
esbozos grazas á aplicación
Bamboo Paper (tamén dispoñible
para Android) e o
seu prezo de venda é de 14,90 euros.
- O novo lapis de Wacom está dispoñible en varias cores
- O Bamboo Stylus mini inclúe un orixinal sistema para enganchalo a smartphones ou tablets