Volven as Xornadas de TecnoloxÃa de APETEGA, desta volta en Compostela
xoves, 15 de marzo do 2018
Os
vindeiros 13 e 14 de abril celebraranse no IES Lamas de Abade de
Santiago de Compostela a nova edición, a número 17, das Xornadas de
TecnoloxÃa da Asociación de Profesorado de TecnoloxÃa de Galicia,
APETEGA. Trátase,
para quen non o saiba, dun acontecemento
divulgativo e formativo encamiñado a achandar no ámbito docente o
camiño da investigación tecnolóxica e cientÃfica. A metodoloxÃa
empregada, basicamente, é formar a formadores e
alumnado e intercambiar
recursos e capacidades. O obxectivo, en última instancia, é
estimular o noso
talento.
Haberá
120 prazas, habilitadas sobre todo para o profesorado de
Secundaria e Bacharelato, homologadas pola ConsellerÃa de Educación
como actividade de formación do profesorado por un total
de 12 horas. A inscrición pódese facer na páxina da APETEGA.
Respecto
do programa de actividades, estas comezan o dÃa 13 cunha visita ao
CiTIUS, no Campus Sur da USC, centro referencial a nivel galego e
estatal en materia de novas tecnoloxÃas de comunicación. Pola
tarde, logo do xantar, celebrarase o acto inaugural, unha charla
sobre satélites e un coloquio sobre escenas de cinema e debates
tecnolóxicos. Ao dÃa seguinte, o programa arranca cunha
charla-coloquio sobre unidades didácticas de tecnoloxÃas e prosegue
con comunicacións didácticas e exposición de proxectos. Logo, ao
mediodÃa, será a quenda dos primeiros obradoiros, que proseguirán
pola tarde, logo do xantar.
Por
temáticas, os obradoiros porán o foco nas seguintes cuestións:
deseño en 3D, téxtiles intelixentes, galgas extensiométricas con
Arduino, realidade aumentada, drons, robótica e aproveitamento e
reciclaxe de material tecnolóxico. Ademais, introducirase aos
participantes na iniciativa AppInventor, unha contorna de
desenvolvemento de software creado por Google Labs para a elaboración
de aplicacións dirixidas ao sistema operativo Android, lanzado por
Google.