Vodafone venderá a luz V16 conectada coa DGT incluÃndo conectividade até 2037
mércores, 11 de xaneiro do 2023
Hai algo máis dun ano a
galega Netun Solutions anunciou que chegara a un acordo con Vodafone para a
comercialización do seu dispositivo de seguridade na estrada, a baliza
conextada Help Flash IoT, que é o primeiro produto deste tipo que chega ao
mercado cumprindo coas especificacións indicadas pola Dirección Xeral de Tráfico.
AÃnda que estas luces conectadas non serán obrigatorias até 2026, actualmente
poden substituÃr aos triángulos, polo que o seu uso está recomendado xa que
evita os riscos propios da colocación dos triángulos na estrada. O
lanzamento oficial de Help Flash IoT con Vodafone será o vindeiro venres,
cando calquera usuario (aÃnda que non sexa cliente de Vodafone) poderá facerse
cunha destas luces V16 por 49,95 euros (promoción que durará até finais de
febreiro), mentres que os clientes de Vodafone terán a opción de pagar a prazos
o dispositivo por 2,08 euros/mes durante 24 meses.
O dispositivo inclúe conectividade a través da rede de Vodafone durante 12 anos
a partir da obriga de usar estas balizas, ou sexa, até 2037. A baliza pode
conectarse coa aplicación Incidence
App para facilitar a comunicación coa aseguradora ou emerxencias, aÃnda que
non é preciso tal paso para que a propia luz notifique ao control de tráfico da
DGT indicando a localización de xeito automático.