Vodafone terá unha oferta converxente para domicilios sen ADSL nin fibra

luns, 15 de xuño do 2015 Marcus Fernández

A banda larga móbil pode ter grande utilidade para vivendas afastadas sen cobertura de ADSL, e pensando nese perfil de usuario Vodafone está a preparar o servizo Vodafone Internet en Tu Casa, que comezará a ofertarse o vindeiro xoves a clientes de acceso a ADSL indirecto a un prezo de 28 euros coas tarifas Mini e Smart ou a 24 euros con tarifas Red, de xeito que só estaría dispoñible como oferta converxente e incluiría teléfono fixo con mobilidade por toda España (con chamadas de balde a fixos e, por 7 euros adicionais, tamén con tarifa plana a móbiles) e conexión á Internet a través de 4G de até 30/3 Mbps cun límite de 50 GB ao mes (reducíndose a velocidade a 128 Kbps de superar o límite establecido).
Aínda que este servizo está orientado a particulares, tamén poderá combinarse con servizos para profesionais e pequenas empresas.

PUBLICIDADE