Vodafone podería lanzar o seu propio lector de e-books en Alemaña no outono

luns, 6 de xullo do 2009 Marcus Fernández

Nos últimos días falábase de que Amazon quería levar o seu Kindle ao mercado alemán, pero estaba a atopar numerosos atrancos no proceso, o que parece que podería ser consecuencia de que as propias operadoras de telefonía queren entrar neste mercado, e así anuncian que Vodafone introducirá no mercado un lector de libros electrónicos baseado en e-Ink cunha pantalla tamaño A4 (equiparable ao Kindle DX) no outono, e que xa estaría en probas.
O dispositivo non estaría fabricado directamente por Vodafone, pero si incluiría a súa marca. Tamén comentan que Vodafone estaría a pensar en comercializar o lector de e-books en combinación con subscricións a xornais ou revistas e, en vez de montar unha tenda de libros electrónicos, procuraría chegar a un acordo cun existente portal xermano.

PUBLICIDADE