Vodafone ofrece comunicacións de balde con UcraÃna
venres, 25 de febreiro do 2022
Os clientes de Vodafone que estean en UcraÃna contan cos
servizos de voz, datos e SMS en itinerancia dende onte e durante 3 dÃas máis, á
vez que o operador tamén ofrecerá
aos seus clientes de contrato chamadas internacionais e mensaxes de texto de
balde para poder contactar con familiares e amigos en UcraÃna até o 31 de marzo.
Esta iniciativa ampliarase a clientes de prepagamento o vindeiro luns.
A Fundación Vodafone tamén doará medio millón de euros do seu fondo humanitario
para as ONE da República Checa, RomanÃa e HungrÃa para axudar aos refuxiados de
UcraÃna. Esta axuda tamén inclúe unha doazón a ACNUR para apoiar as súas actividades
sobre o terreo.