Vodafone levará os seus servizos ao rural a través da rede de fibra de Adamo

xoves, 28 de abril do 2022 Redacción

Vodafone vén de pechar un acordo comercial co principal operador maiorista do mundo rural, Adamo, para acceder á súa rede de fibra óptica, co que a operadora británica busca un modelo de investimento máis eficiente e sustentable no acceso á conectividade e a redes de banda larga ultrarrápida para os clientes situados en zonas rurais.
A través deste acordo Vodafone accede á fibra óptica de Adamo en máis dun millón de unidades inmobiliarias xa despregadas, o que permite ofrecer fibra, servizos converxentes e televisión nas zonas nas que Adamo ten rede propia.
O acordo tamén permitirá que Vodafone poida comercializar os seus servizos nos futuros despregamentos das redes de banda larga fixa ultrarrápida de Adamo, que ten como obxectivo chegar até 3,2 millóns de fogares nos vindeiros 2 anos.

PUBLICIDADE