Vodafone levará a súa rede 5G a 81 concellos galegos antes de que remate o ano
luns, 28 de febreiro do 2022
No
marco do MWC22, Vodafone
España vén de anunciar que vai ampliar a cobertura de “5G real”
ao 46% da poboación, alcanzando preto de 1.000 municipios, a
finais deste ano. Destes case 1.000 municipios (entre os que se atopa
un bo feixe de concellos galegos: 81), 133 son poboacións de máis
de 50.000 habitantes, 605 poboacións entre 1.000 e 50.000 e 245 son
municipios de menos de 1.000 habitantes.
Vodafone
engade que a ampliación farase a través das bandas de frecuencia de
700MHz, 3,5GHz ou ambas. O obxectivo da operadora é achegar
conectividade para descargar contidos a 5 veces máis velocidade que
con 4G e beneficiar aos clientes cunha moito menor latencia e a
posibilidade de conectar máis dispositivos de xeito simultáneo. “A
rede 5G na frecuencia de 700MHz”, engade a compañía, “facilita
mellor cobertura e servizo en interiores de edificios, e conta con
gran dispoñibilidade de largo de banda e de transmisión de datos, o
que supón unha enorme vantaxe en contornas rurais e pequenas
localidades”.
Ademais,
Vodafone está a reforzar con 700MHz a cobertura de telefonía móbil
e datos tamén en 25 grandes cidades que xa tiñan 5G coa frecuencia
de 3,5GHz: Madrid, Barcelona, Valencia, Sevilla, Málaga, Zaragoza,
San Sebastián, Pamplona, Logroño, Toledo, Santa Cruz de Tenerife,
Palma de Mallorca, Valladolid, Murcia, Segovia, Castelló, Las Palmas
de Gran Canaria, Coruña, Vigo, Xixón, Santander, Bilbao, Vitoria,
Badaxoz e Alacante.
“O
aceso da banda de 700 MHz en 1000 municipios supón un salto
importante para chegar a máis poboacións rurais e continuar
avanzando na transformación dixital do noso país”, explica Julia
Velasco, directora de Rede de Vodafone España, engadindo que esta
despregura permitirá impulsar o desenvolvemento económico en zonas
rurais, tal e como certifica un estudo recente de Deloitte para
Vodafone, no que se fai saber que de cada 1.000 novos usuarios de
larga ancha en zonas rurais, créanse 80 novos postos de traballo.
En
Galicia, serán 81 municipios onde se despregue o 5G de Vodafone.
Entre estes municipios están A Coruña, Ourense, Vigo, Pontevedra,
Santiago, Ferrol ou Lugo. Ademais, chegarase a localidades máis
pequenas, como Betanzos, Padrón, A Pobra do Caramiñal, Foz, Tui,
Marín ou Sanxenxo, entre outras.