Vodafone integra nunha única tarifa banda larga móbil e ADSL
mércores, 10 de xuño do 2009
Vodafone España
presenta o primeiro
servizo de acceso á Internet do mercado que inclúe unha oferta combinada de
ADSL e de banda larga móbil cunha única tarifa plana, de xeito que
os clientes poden conectarse á Rede en calquera momento e lugar, potenciando o
uso de ordenadores portátiles e coa comodidade que supón poder acceder tanto
dende o fogar como en mobilidade á Internet sen preocuparse por ningún custo
adicional.
A tarifa plana Internet Siempre Contigo
integra nunha única factura a banda larga fixa e a móbil sen precisar do
pagamento de cotas de liña. Tamén pode asociarse esta oferta cunha nova tarifa
plana de voz móbil a 29,9 euros/mes (con certas limitacións), de xeito que todas
as comunicacións de voz móbil e fixa, o ADSL e a banda larga móbil sairÃan en
total por 68,9 euros/mes.
Os usuarios que queiran gozar dun ADSL de 6 Mbps dentro da tarifa Internet Siempre Contigo deberán pagar
49 euros/mes, mentres que cun ADSL de 12 Mbps o prezo serÃa de 54 euros/mes
(aos que haberÃa que sumar 5 euros/mes de querer que conten con tarifa plana a
fixos) e en ambos casos inclúen 3 Gb de descargas a través de 3G/HSDPA, que
unha vez superados reducirase a velocidade de transferencia a 128 Kbps.