Vodafone e Movistar tamén venderán o iPhone 4 en España

martes, 8 de xuño do 2010

A presentación do iPhone 4 na xornada de onte foi seguida rapidamente pola confirmación por parte de Orange de que venderán o agardado móbil en España, ao que hoxe tamén reaccionaron Movistar e Vodafone asegurando que farán o propio, de xeito que finalmente abrirase a competencia para o móbil de Apple como xa acontece en todos os países nos que se comercializa (agás EE.UU.).
Con este cambio de escenario é de agardar un importante incremento de vendas do iPhone en España.

PUBLICIDADE